Novas
O SALÓN TEATRO DE SANTIAGO COLGOU EN DÚAS OCASIÓNS A CARTELEIRA DE ‘NON HAI LOCALIDADES’
[11/10/2007] Un total de 1.339 espectadores asistiron até agora en Compostela á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG)
Noite de Reis. Ou o que queirades, estreada o pasado venres 28. O espectáculo dirixido por Quico Cadaval a partir do texto de William Shakespeare, está a rexistrar un gran éxito de público, tanto nas funcións de público xeral como nos pases matinais aos que acoden alumnos de bacharelato.
QUICO CADAVAL DIRIXE O ESPECTÁCULO, QUE OFRECERÁ 18 FUNCIÓNS EN SANTIAGO
[26/09/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 28 ás 21.00 horas a estrea da obra
Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que a compañía pública inicia o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.
ESTREARASE NOITE DE REIS, VALDEMULLER, DRAMAA3 E CASCUDA
[12/09/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa temporada teatral 2007-2008 cun plan de produción de espectáculos pensado para chegar a todos os públicos e coa posta en marcha de novos servizos que reforcen a súa relación tanto co público como cos profesionais das artes escénicas. Baixo o lema "A temporada da cidadanía", a compañía institucional centrarase neste novo período en iniciativas como a rede "Espazos CDG", o asentamento de canles para o préstamo de material escénico, visitas programadas á súa sede ou a posta a disposición de medios de asesoramento e acceso técnico como algunhas das medidas que contribuirán ao obxectivo de proporcionar un servizo teatral público en toda a súa extensión.
VIGO E SANTIAGO ACOLLERÁN CINCO CURSOS ENTRE SETEMBRO E NOVEMBRO
[02/08/2007] A
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) inician unha nova liña de colaboración orientada a potenciar a formación permanente dos profesionais das artes escénicas de Galiza a través da posta en marcha dun programa de cursos que, entre setembro e novembro, celebrará nas cidades de Vigo e Santiago cinco encontros que abranguen diferentes ámbitos tanto artísticos como técnicos.
O SALÓN TEATRO DESPIDE A TEMPORADA DE PROGRAMACIÓN
[28/06/2007] O Salón Teatro de Santiago acollerá os días 29 e 30 a partir das 20.00 horas dúas series de pases das últimas execucións do ciclo
PerformanceST, co que o Centro Dramático Galego (CDG) remata a actual temporada de programación para a súa sede escénica. Despois da xornada inaugural a cargo de sendas propostas achegadas por Eric Jiménez e Metropolitan Media Movement, o programa dedicado ás artes performativas continúa coa participación de Anabel Gago, Dolores Jiménez, Vicente Montonto e Félix Fernández.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
| 186 |
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes