Novas
OS ASEOS PÚBLICOS DO EDIFICIO ACOLLEN A PRIMEIRA INTERPRETACIÓN A CARGO DE ERIC JIMÉNEZ
[27/06/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela remata a súa actual temporada de programación coa inclusión na súa carteleira dun ciclo dedicado ás artes performativas. Baixo o título
PerformanceST
, as compañías Eric Jiménez e Metropolitan Media inician mañá xoves 29 este novedoso ciclo, que se desenvolverá até o sábado 30 coa participación de catro agrupacións artísticas.
O SALÓN TEATRO INCORPÓRASE COMO ESPAZO ESCÉNICO A "EN PE DE PEDRA"
[21/06/2007] O Salón Teatro de Santiago acollerá dúas funcións do espectáculo
Ojos de pez, a última creación da Compañía Daniel Abreu, que se insire dentro do
Festival Internacional En Pé de Pedra. Danza para paseantes en Compostela. Como novidade desta duodécima edición, o escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) incorpórase como espazo interior do certame anual de danza que organiza Matarile Teatro, mediante a representación de dous pases do devandito espectáculo (mañá venres 22 ás 21:30 e o domingo 24 ás 19:00) que, debido ás súas características técnicas, non pode levarse a cabo nas localizacións exteriores das rúas e prazas de Compostela nas que se desenvolve a maior parte da programación.
PRESENTARÁ NO SALÓN TEATRO O SEU ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO
[20/06/2007] O grupo Tunng pechará mañá xoves día 21 no Salón Teatro a extensión en Santiago do Festival Sinsal cun concerto no que a banda británica presentará o seu segundo disco
Comments of the Inner Chorus
. Con esta actuación clausúrase a programación musical inserida dentro do Sinsal Santiago, un certame estacional que ten a súa orixe e sede principal en Vigo, e que en función da colaboración dos organizadores co Centro Dramático Galego (CDG) levou a Compostela a artistas como Hanne Hukkelberg ou A Hawk and A Hacksaw & The Hun Hungar Ensemble.
HERNÁN GENÉ DIRIXE ESTA CREACIÓN COLECTIVA QUE SE ESTREA O XOVES 14
[11/06/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves día 14 ás 20.30 horas a estrea do espectáculo
Kamikaze, a cargo da compañía PistaCatro Produtora de Soños en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Esta creación colectiva con dirección do arxentino Hernán Gené, que permanecerá en cartel até o domingo día 17, supón a apertura da compañía pública ao xénero do novo circo, mediante a aposta polo traballo de PistaCatro como colectivo pioneiro en Galiza no devandito xénero escénico.
AS FUNCIÓNS CELÉBRANSE O SÁBADO 9 ÁS 20.30 H. E O DOMINGO 10 ÁS 18.00
[08/06/2007] A compañía Matarile Teatro porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a súa última produción
Truenos y misterios, despois da súa exitosa presentación no Festival Escena Contemporánea de Madrid. As dúas funcións desta nova proposta escénica intimista creada e dirixida por Ana Vallés terán lugar o sábado 9 ás 20:30 horas e o domingo 10 ás 18:00 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
| 187 |
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes