Novas
A NORUEGUESA ACTÚA NO SALÓN TEATRO MAÑÁ ÁS 22.00 H.
[06/06/2007] O Salón Teatro acolle mañá xoves 7 de xuño ás 22.00 horas un concerto a cargo de Hanne Hukkelberg, vocalista e multiinstrumentista norueguesa que presentará en Santiago o seu último disco Rykestrasse 68. A cantante, que combina o eclecticismo sonoro co pop-cabaré e a electrónica, protagoniza o segundo recital da extensión para Santiago do
Festival Sinsal, un dos certames musicais máis arriscados e innovadores, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo.
O SALÓN TEATRO ACOLLE A ESTREA O 2 DE XUÑO
[31/05/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 2 de xuño ás 20.30 horas e domingo 3 ás 18.00 horas) a estrea do espectáculo
30.000, a cargo da compañía Pisando Ovos en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza do IGAEM. A peza, interpretada por David Loira e Rut Balbís con dirección artística de Damián Muñoz, propón, por medio da nova danza contemporánea galega, unha reflexión sobre o papel do diñeiro na sociedade actual.
O ESCENARIO QUE XESTIONA O CDG CONTINÚA COA DIFUSIÓN DE TEATRO, MÚSICA E DANZA ACTUAIS
[15/05/2007] O Salón Teatro de Santiago abre na segunda quincena de maio un novo ciclo de programación que se inicia coa inauguración da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia para a música contemporánea en Galiza, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego, continúa así co seu labor de difusión das expresións escénicas máis actuais, mediante o deseño dun novo plan de actividades no que tamén destaca a estrea dos tres espectáculos coproducidos polas unidades do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) para a actual temporada.
A OBRA DO CDG QUE DIRIXE CÁNDIDO PAZÓ INICIA A XIRA GALEGA
[11/05/2007] Uns 2.100 espectadores asistiron até o momento ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
A Piragua, a obra dirixida por Cándido Pazó, que esta fin de semana ofrece as súas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago. En total serán 23 funcións as que o CDG terá ofrecido en Compostela con esta montaxe, coa que a compañía pública culmina o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2006-2007. As entradas para asistir a estas representacións –hoxe venres e mañá sábado, ás 20.30 horas; e o domingo, ás 18.00- poden adquirise no despacho de billetes dende dúas horas antes do comezo da función.
A FUNCIÓN SERÁ O DÍA 6 NO AUDITORIO DA BIBLIOTECA ALMEIDA GARRETT
[04/05/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) leva ao Porto (Portugal) a súa produción infantil
Tarará-Chis-Pum!, dentro da vixésimo sexta edición do Festival Internacional de Teatro "Fazer a Festa" que se celebra até o 13 de maio na cidade lusa. Organizado pola compañía Teatro Art´Imagem, o programa do encontro abrangue 14 espectáculos, que desenvolverán un total de 27 representacións. A función do CDG terá lugar este domingo día 6 ás 16:30 horas no Auditorio da Biblioteca Municipal Almeida Garrett.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| 188 |
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes