Novas
O SALÓN TEATRO ACOLLE MAÑÁ AO MEDIODÍA A PRESENTACIÓN DAS BASES DA XXXII EDICIÓN DO GALARDÓN QUE CONVOCA CADA ANO O CERCLE ARTÍSTIC CIUTADELLA DE MENORCA
[20/04/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá sábado 21 de abril ás 12.00 do mediodía a presentación das bases que rexerán a XXXII convocatoria do Premio Born de Teatro 2007. Trátase dun dos galardóns para textos dramáticos de maior dotación de cantos se convocan en España, xa que está remunerado con 18.500 euros, ademais de conlevar a edición da obra gañadora que, por primeira vez na historia do premio, poderá ser traducida e publicada en galego, froito dun convenio de colaboración asinado coa Revista Galega de Teatro (RGT).
O SALÓN TEATRO OFRECERÁ CINCO FUNCIÓNS SEMANAIS ATÉ O 13 DE MAIO
[13/04/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle hoxe 13 de abril, ás 21:00 horas, a estrea da obra
A piragua, un texto escrito e dirixido por Cándido Pazó como resultado da súa experiencia como primeiro dramaturgo residente do Centro Dramático Galego (CDG). A obra, coa que a compañía pública culmina o seu plan de produción propia para a actual temporada teatral 2006-2007, parte dunha simple anécdota -que se crea porque un veciño garda unha piragua nunha praza de garaxe- para enfiar un discurso dramático que traslada ao espectador a liña argumental esencial que verdadeiramente sustenta a proposta escénica: a violencia doméstica.
O CDG DRAMATIZA AS OBRAS FINALISTAS DO I PREMIO DE TEATRO RADIOFÓNICO QUE CONVOCA A RADIO GALEGA
[19/03/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) realizou as tarefas de produción da lectura dramatizada dos tres textos finalistas do I Premio de Teatro Radiofónico que organiza a Radio Galega co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte. Baixo a dirección de Lino Braxe, un grupo de 11 actores e actrices do que forman parte intérpretes tan populares como Luís Tosar ou Manuel Manquiña xunto a outros nomes importantes da escena en Galicia como son Rebeca Montero, Gonzalo Uriarte, Luís Zaera, Miguel Pernas, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e o neno Darío, puxo voz aos distintos personaxes das obras finalistas da primeira edición deste galardón.
CASE 3.000 ALUMNOS DE 37 COLEXIOS ASISTIRÁN ÁS FUNCIÓNS ESCOLARES
[06/03/2007] Un total de 2.775 alumnos procedentes de 37 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro de Santiago da súa nova produción
Tarará-chis-pum!. Con esta montaxe destinada ao público familiar a compañía institucional chega ao ecuador da temporada escénica 2006-2007. A obra ofrece unha nova versión do espectáculo homónimo representado en 1978 por Artello Teatro; e a súa incorporación ao repertorio do CDG insírese na liña programática da unidade teatral pública respecto á captación de público infantil como unha das súas prioridades.
XULIO LAGO DIRIXE A ADAPTACIÓN DE CÁNDIDO PAZÓ DO TEXTO DE F. BORDON
[02/03/2007] A compañía galega Lagarta Lagarta inicia no Salón Teatro de Santiago a xira da súa última produción,
As últimas lúas , unha adaptación de Cándido Pazó do texto Le Ultime Lune de Furio Bordon. Baixo a dirección de Xulio Lago, o trío interpretativo que compoñen Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Artur Trillo ofrecerán dúas funcións desta montaxe mañá sábado 3 ás 20.30 h. e o domingo 4 ás 18.00 h., primeiras representacións trala estrea en Narón a pasada semana.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
| 189 |
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes