AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

AS FUNCIÓNS CELÉBRANSE O SÁBADO 9 ÁS 20.30 H. E O DOMINGO 10 ÁS 18.00

Matarile Teatro presenta "Truenos y misterios" no Salón Teatro de Santiago

[08/06/2007] A compañía Matarile Teatro porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a súa última produción Truenos y misterios, despois da súa exitosa presentación no Festival Escena Contemporánea de Madrid. As dúas funcións desta nova proposta escénica intimista creada e dirixida por Ana Vallés terán lugar o sábado 9 ás 20:30 horas e o domingo 10 ás 18:00 horas.
A NORUEGUESA ACTÚA NO SALÓN TEATRO MAÑÁ ÁS 22.00 H.

Continúa o Festival Sinsal Santiago co concerto de Hanne Hukkelberg

[06/06/2007] O Salón Teatro acolle mañá xoves 7 de xuño ás 22.00 horas un concerto a cargo de Hanne Hukkelberg, vocalista e multiinstrumentista norueguesa que presentará en Santiago o seu último disco Rykestrasse 68. A cantante, que combina o eclecticismo sonoro co pop-cabaré e a electrónica, protagoniza o segundo recital da extensión para Santiago do Festival Sinsal, un dos certames musicais máis arriscados e innovadores, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo.
O SALÓN TEATRO ACOLLE A ESTREA O 2 DE XUÑO

Pisando Ovos presenta "30.000" en coprodución co Centro Coreográfico

[31/05/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 2 de xuño ás 20.30 horas e domingo 3 ás 18.00 horas) a estrea do espectáculo 30.000, a cargo da compañía Pisando Ovos en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza do IGAEM. A peza, interpretada por David Loira e Rut Balbís con dirección artística de Damián Muñoz, propón, por medio da nova danza contemporánea galega, unha reflexión sobre o papel do diñeiro na sociedade actual.
O ESCENARIO QUE XESTIONA O CDG CONTINÚA COA DIFUSIÓN DE TEATRO, MÚSICA E DANZA ACTUAIS

O Salón Teatro acolle unha extensión do Festival Sinsal de música contemporánea

Documento anexo[15/05/2007] O Salón Teatro de Santiago abre na segunda quincena de maio un novo ciclo de programación que se inicia coa inauguración da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia para a música contemporánea en Galiza, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego, continúa así co seu labor de difusión das expresións escénicas máis actuais, mediante o deseño dun novo plan de actividades no que tamén destaca a estrea dos tres espectáculos coproducidos polas unidades do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) para a actual temporada.
A OBRA DO CDG QUE DIRIXE CÁNDIDO PAZÓ INICIA A XIRA GALEGA

O Salón Teatro acolle esta fin de semana as últimas funcións de "A Piragua"

[11/05/2007] Uns 2.100 espectadores asistiron até o momento ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) A Piragua, a obra dirixida por Cándido Pazó, que esta fin de semana ofrece as súas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago. En total serán 23 funcións as que o CDG terá ofrecido en Compostela con esta montaxe, coa que a compañía pública culmina o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2006-2007. As entradas para asistir a estas representacións –hoxe venres e mañá sábado, ás 20.30 horas; e o domingo, ás 18.00- poden adquirise no despacho de billetes dende dúas horas antes do comezo da función.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 | 190 | 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal