Novas
O COLECTIVO OCTOPUS TO THE PARTY E A ARTISTA MARÍA LLANDERAS PARTICIPAN CON DOUS PROXECTOS QUE AMOSARÁN NO SALÓN TEATRO
[23/07/2021] Estes días transcorre no Gaiás a quinta edición das Residencias Paraíso, un programa de creación e investigación en danza e artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Xunta de Galicia. En 2021 foron oito os proxectos seleccionados entre un total de 160 candidaturas que dan conta da enorme capacidade creativa da comunidade artística vencellada ás artes vivas en Galicia. A comisión deste ano estivo formada por Caterina Varela e Félix Fernández -do Colectivo RPM- e Cris Vilariño, Jacobo Pallarés e Cristina Moreira como profesionais convidadas.
NESTA EDICIÓN PARTICIPA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO COA REPRESENTACIÓN DA SÚA ÚLTIMA PRODUCIÓN 'TERCEIRO ACTO' O MARTES 20 NO AUDITORIO DO CASTELO
[16/07/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que conta un ano máis co apoio da Xunta a través dun acordo de 60.000 euros co Concello. Ademais, nesta 37ª edición participa o Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, coa súa última produción 'Terceiro acto' e coa colaboración no obradoiro 'DraMITurGA'.
A POSTA EN ESCENA DAS PEZAS SUPORÁ A CONTRATACIÓN DE 22 INTÉRPRETES
[15/07/2021] O Centro Dramático Galego asume a produción propia de dous novos espectáculos baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos nunha nova aposta pola dramaturxia galega contemporánea e polos clásicos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación de 'A peste' de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, 'Ás 8 da tarde cando morren as nais', será dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, ao abeiro dunha convocatoria que se anunciará este venres día 16 no Diario Oficial de Galicia, e un investimento de case 600.000 euros.
O PÚBLICO TERÁ A NOVA OPORTUNIDADE DE VER O ESPECTÁCULO DO XOVES 15 AO DOMINGO 18, CUNHA REPRESENTACIÓN DIARIA
[11/07/2021] O Salón Teatro acolle a partir deste xoves catro novas funcións de 'Terceiro acto', a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, estreada o pasado 15 de abril e que estivo en cartel durante un mes con máis de 30 funcións. A peza dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e interpretada por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Tatán R. Cunha representarase do xoves 15 ao sábado 17 ás 21,00 h e o domingo 18, ás 19.00 h. As entradas xa están á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes desde dúas horas antes de cada pase.
O ESPECTÁCULO, COPRODUCIDO POLA UNIDADE DE PRODUCIÓN TEATRAL DA XUNTA E A COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA, LEVA Á ESCENA A CONSIDERADA PRIMEIRA OBRA TEATRAL ESCRITA EN GALEGO CO GALLO DO SEU 350º ANIVERSARIO
[09/07/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e a Companhia de Teatro de Braga (CTB) representan mañá na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas 'A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño'. O Auditorio Municipal da vila do Morrazo acollerá así, ás 22,30 h., a estrea en Galicia do espectáculo que leva a escena a considerada primeira obra teatral escrita en galego, asinada por Gabriel Feixóo de Araúxo e datada en 1671.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
| 20 |
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes