AGADIC

Centro Dramático Galego


Servizo educativo

O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse nesta páxina.

Doutra banda, o CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital:
Da man de Sheila García Prado e Ana Seoane Suárez

"Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia"

Documento anexo[17/03/2021] Este recurso pedagóxico inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia (entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG) e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía. Ademais, contén actividades creativas para a rapazada e un glosario de termos teatrais
NO MARCO DA CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DO SALÓN TEATRO

Aberta a convocatoria para o programa "Os segredos do Salón Teatro" de visitas en liña para colexios e institutos

Documento anexo[26/11/2020] O alumnado terá a oportunidade de coñecer como funciona un espazo escénico por dentro, así como de achegarse á historia do teatro profesional galego e á evolución dos oficios teatrais
DA MAN DE TAMARA ANDRÉS

Caderno Pedagóxico de "Neorretranca e Posmorriña"

Documento anexo[22/04/2019] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Neorretranca e Posmorriña, da man de Tamara Andrés (Gálix).
DA MAN DE Mª JESÚS MADERA SEOANE E Mª TERESA LEIS REY

Caderno Pedagóxico de "Divinas Palabras Revolution"

Documento anexo[17/04/2018] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Divinas Palabras Revolution, da man de Mª Jesús Madera Seoane e Mª Teresa Leis Rey (GÁLIX).
DA MAN DE Mª JESÚS MADERA SEOANE E Mª TERESA LEIS REY

Caderno Pedagóxico de "Martes de Carnaval"

Documento anexo[20/04/2017] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Martes de Carnaval, da man de Mª Jesús Madera Seoane e Mª Teresa Leis Rey (GÁLIX).

| 1 | 2 3 4 5 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal