A sede da EAEM, no parque de Vista Alegre
[05/03/2026]
[24/02/2026] A Xunta de Galicia porá en marcha na Cidade da Cultura DescArtes, a nova liña de residencias artísticas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que busca integrar o público no proceso de creación das producións teatrais galegas. Así o presentaron hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, nun acto no que tamén estivo o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, así como as compañías e artistas que participarán nesta proposta.
[04/02/2026] Territorio Regueifa, espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego xunto ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e a compañía coruñesa Ainé, estrearase o venres 6 de febreiro, ás 21,00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. O primeiro encontro co público desta proposta escénica participativa, que combina teatro de proximidade, improvisación e retranca, chega finalmente ás táboas para poñer en valor esta xenuína manifestación da tradición cultural galega cos seus característicos desafíos dialécticos rimados e cheos de ironía.