AGADIC

Centro Dramático Galego


ELEFANTE ELEGANTE: Tropical

Autoría e dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dramaturxia: María Torres e Carlos Díz

Turistas, migrantes, polisóns, do norte ao sur nun cruceiro, do sur ao norte, nunha chalana. Coa mochila valeira ou sen moverse do sofá. Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Para cuestionármonos esta Europa que naufraga no Mediterráneo. Esta sociedade líquida que, acomodada dentro da súa burbulla, bebe o vermú da indiferenza.

Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Cunha linguaxe asentada nas imaxes, no movemento, na música e na danza, Tropical é unha manda de elefantes na procura da poética da viaxe.

"Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares".

A viaxe, Charles Baudelaire (extracto)


Ficha artística:
Elenco: Marta Alonso Tejada, Ánxela Blanco, Fredi Muíño, Goncçalo Guerreiro e María Torres
Escenografía: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Vestiario: Beatriz Clara
Iluminación e sonoplastia: Dani Pais
Música: Goncçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares
Asesoramento Antropolóxico: Carlos Díz
Carpintería e tramoia: Javier Pérez Piñón
Atrezo: Anahí Taraburelli
Asistente de dirección: Luís Fernandes

tropical

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal