AGADIC

Centro Dramático Galego


HIKA TEATROA: Sagartu

CAMIÑO ESCENA NORTE


Espectáculo de rúa, multidisciplinar e composto de música en directo, teatro e danza. Sagartu desborda humor, alegría e vitalidade repasando todos os significados que a mazá, non só no noso país, tivo desde os tempos do Edén ata o presente.

HIKA Teatroa é unha compañía de San Sebastián cunha traxectoria de 27 anos. Coa dirección de Agurtzane Intxaurraga, as producións de HIKA teñen un marcado carácter social e sempre tentan poñer ao público en constante conflito consigo mesmo. Son espectáculos cunha escenografía minimalista e conceptual que narran as historias dunha maneira moi poética facendo énfase no estético, onde a música e a luz xogan un papel moi importante na dramaturxia.

Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 12.30 a 14.00h. Salón Teatro (Rúa Nova, 34).

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización "Sagartu: a mazá que baila". Na actividade tomarán parte a autora da peza, actriz e coreógrafo, será unha dinámica de coñecemento do espectáculo por medio dalgúns dos textos orixinais e do traballo sobre algúns pasos básicos da danza tradicional vasca

Encontros nas estrelas: Ao remate da función, actividade sorpresa de remate do programa.




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal