AGADIC

Centro Dramático Galego


CÁMARA NEGRA TEATRO en coprodución co CDG: Clausura do amor

ESTREA

Autoría: Pascal Rambert
Versión e dirección: Carlos Alvarez-Ossorio

EL
Quería verte para dicirche que isto rematou
que non vai seguir
que non imos seguir
que remata aquí

ELA
Quen es ti?
Quen eras?
En quen te convertiches?
Coñecémonos?
Cal é o teu nome?
Tes un nome?
Hai alguén aí?
Hai alguén?
Onde estás?
Onde fuches?
Quen es ti para falarme así?
Acaso os seres humanos se falan así?
Quen fala así?
Quen fai iso?
Os seres humanos fan iso?

Clausura do amor é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para encarnar un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de atalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.


Ficha artística:
Autoría: Pascal Rambert
Versión e dirección: Carlos Alvarez-Ossorio
Elenco: Teté García e Xosé M. Esperante



clausura_amor

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal