AGADIC

Centro Dramático Galego


RESIDENCIAS CRUZADAS: Chusa Pérez de Vallejo. Somos teatro

Teatro e inclusión social


Fronte á visión xeral de poñer o obxectivo en "mellorar a visibilidade e inclusión dos artistas con discapacidade na vida cultural" esta residencia procura investigar na inclusión dende unha perspectiva global. Coa participación de todas as persoas na vida cultural e artística gaña a sociedade en conxunto, enriquecida coa visión, dificultades, achegas e valores de todos e cada un de nós. Eu non podo ser realmente "Eu" se hai un "Ti" que non está presente. Somos.
Este proxecto concluirá cunha formación en liña os días 8, 15, 22 de 20.00h a 22.00h baixo o título de "Somos os luns".

Desenvolveranse tres sesións en liña a partir das preguntas, inquedanzas e dúbidas que xorden arredor do diálogo sobre teatro relacionado coa inclusión, discapacidade e accesibilidade.

Traballaremos a partir de traballos e testemuños actuais que permitan achegar unha perspectiva baseada na práctica.

Na coordinación estará Chusa Pérez de Vallejo, actriz, directora e pedagoga teatral con ampla experiencia no traballo con persoas con discapacidade.

O luns 8 de febreiro contaremos coas achegas de Ángela Ibáñez Castaño, actriz profesional con xordeira.

O luns 15, Roxana Bernaule (Arxentina), presentará a súa experiencia como actriz, profesora e directora dunha compañía de teatro inclusivo.

O luns 22, pecharase o traballo con achegas de todas as persoas participantes e cun diálogo sobre os achados do proceso tendo como un dos focos de interese a lingua de signos.

O programa será accesible para persoas xordas.


residencias_cruzadas


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal