AGADIC

Centro Dramático Galego


CLÁSICAS DESFEITAS VOL. I

Programa de Residencias artísticas do Gaiás (REGA), en coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura


Clásicas desfeitas VOL. I:
Prometeo encadeado de Esquilo
A tráxica historia do Doutor Fausto de Marlowe
Frankenstein de Mary Shelley

En Clásicas desfeitas ides redescubrir Frankestein a través doutras disciplinas artísticas mais aló da literatura. Trátase de deixarse sorprender polo contido e pola forma que toma este texto tras ter traballado con el dun xeito multidisciplinar nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA), grazas á coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura.

A través de tres personaxes pertencentes ao imaxinario colectivo e histórico configúrase un retrato da humanidade moderna. A partir dos textos do mito de Prometeo encadenado de Esquilo, A tráxica historia do Doutor Fausto de Marlowe e o Frankenstein de Mary Shelley confórmase un cadáver exquisito, multifacético e atemporal, que se move e guía a/o espectador/a arredor dun espazo común, permitíndolle desta maneira verse reflectida/o. A premisa desta obra é a experimentación, polo que se procura un espazo de reflexión e de diálogo.


Ficha artística:
Compañía: Colectico Nononon
Artistas: José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez, Laura Iturralde e Montse Piñeiro

Clásicas Desfeitas Vol. 1


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal