AGADIC

Centro Dramático Galego


CLÁSICAS DESFEITAS VOL. II

Programa de Residencias artísticas do Gaiás (REGA), en coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura


Clásicas desfeitas VOL. II:
Antígona de Sófocles
Medea de Eurípides
As Bacantes de Eurípides

En Clásicas desfeitas ides redescubrir Medea a través doutras disciplinas artísticas mais aló da literatura. Trátase de deixarse sorprender polo contido e pola forma que toma este texto tras ter traballado con el dun xeito multidisciplinar nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA), grazas á coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura.

Phármakon é unha peza musical para viola, corno inglés, óboe, artes visuais e dous actores ou performers, composta a partir das traxedias clásicas Antígona de Sófocles, Medea e As Bacantes, ambas de Eurípides. A obra indaga en tres aspectos esenciais comúns a todas elas: a relación entre o chibo expiatorio (significado primeiro do termo antes que veleno e medicina) e a comunidade; os inestables límites da identidade persoal; e a clásica iconografía na que adoitan manifestarse tanto esa relación como esa inestabilidade: o corpo desmembrado ou transformado noutra cousa.

Por baixo destes tres aspectos alenta -e quere marcar o ton xeral da obra- un substrato dionisíaco entendido aquí, en contra das exaltadas interpretacións habituais, como ‘o elemento silencioso e poderoso do vexetativo’, en palabras do helenista Karl Kerenyi. Aínda que non se fai uso da palabra falada ou escrita en escena, o espectáculo está acompañado dun texto autoría de Pablo Seoane.


Ficha artística:
Composición e dirección: Pablo Seoane
Músicos: María José Pámpano (viola), Benxamín Otero (corno inglés e óboe)
Actores: Raquel Hernández e Artús Rei
Escenografía e iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Marte Martinka

clasicas_desfeitas_vol2


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal