AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO DO 19 DE MARZO AO 3 DE MAIO

O Centro Dramático Galego estrea 'Hamlet' nunha gran produción dirixida por Tito Asorey

Documento anexo[18/03/2026] O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentou a nova produción do Centro Dramático Galego, Hamlet, dirixida por Tito Asorey e con dramaturxia de Vanesa Sotelo e do propio Asorey a partir da obra mestra de William Shakespeare. A través dun espectáculo de gran formato con 16 intérpretes en escena, a compañía teatral da Xunta de Galicia trae ao presente e ao galego este clásico universal. A estrea será mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde permanecerá en cartel ata o 3 de maio con funcións de mércores a domingo ás 18,00 h.
Abren espazos para talento emerxente, coproducións e formación

A Xunta promove a creación escénica galega con dúas novas residencias na Cidade da Cultura

[24/02/2026] A Xunta de Galicia porá en marcha na Cidade da Cultura DescArtes, a nova liña de residencias artísticas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que busca integrar o público no proceso de creación das producións teatrais galegas. Así o presentaron hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, nun acto no que tamén estivo o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, así como as compañías e artistas que participarán nesta proposta.
TRES FUNCIÓNS MÁIS DENTRO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS

Carballo acolle este venres a festa escénica da estrea de 'Territorio Regueifa’, coprodución entre Centro Dramático Galego, Fiot e Ainé

[04/02/2026] Territorio Regueifa, espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego xunto ao Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e a compañía coruñesa Ainé, estrearase o venres 6 de febreiro, ás 21,00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. O primeiro encontro co público desta proposta escénica participativa, que combina teatro de proximidade, improvisación e retranca, chega finalmente ás táboas para poñer en valor esta xenuína manifestación da tradición cultural galega cos seus característicos desafíos dialécticos rimados e cheos de ironía.
EN ESCENA ATA O 3 DE MAIO

O Centro Dramático Galego inicia os ensaios de ‘Hamlet’ con dirección de Tito Asorey cara á súa estrea o 19 de marzo

[26/01/2026] A Xunta de Galicia iniciou no Centro Dramático Galego os ensaios de Hamlet baixo a dirección escénica de Tito Asorey e cun elenco de 16 actores e actrices. A unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asume unha versión galega do clásico de Shakespeare, asinada polo propio Asorey xunto a Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato que terá a súa estrea o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

| 1 | 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal