Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A ESTREA DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO BAIXO A DIRECCIÓN DE FEFA NOIA SERÁ O 5 DE ABRIL

O Centro Dramático Galego de Cultura e Educación desenvolve no Salón Teatro os últimos ensaios de "Días sen gloria" Documento anexo

[14/03/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) comezou a desenvolver esta semana no Salón Teatro de Santiago a última fase de ensaios do seu novo espectáculo, Días sen gloria, versión da obra de Roberto Vidal Bolaño que a compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreará o 5 de abril como unha das principais propostas da programación que dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras.

A COMPAÑÍA NA QUE O AUTOR DESENVOLVEU A ÚLTIMA PARTE DA SÚA TRAXECTORIA COPRODUCE CO CDG UNHA NOVA VERSIÓN DO EMBLEMÁTICO ESPECTÁCULO

Teatro do Aquí volve aos escenarios con 'Criaturas', de Roberto Vidal Bolaño, co apoio da Consellería de Cultura e Educación Documento anexo

[14/03/2013] A compañía Teatro do Aquí estrea o vindeiro 19 de abril en Narón a nova versión de Criaturas, o emblemático texto de Roberto Vidal Bolaño que volve aos escenarios a cargo de Teatro do Aquí e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun réxime de coprodución co Centro Dramático Galego.

PRESENCIOU UNHA PARTE DA INTERPRETACIÓN DE LUISA MERELAS, GONZALO URIARTE, MARCOS VIÉITEZ E ALBERTO ROLÁN

Vázquez Abad comparte co equipo de 'Longa viaxe cara á noite' unha sesión dos ensaios previos á estrea do día 22 en Santiago Documento anexo

[13/03/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe co equipo artístico e técnico da montaxe do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Longa viaxe cara á noite’ unha sesión da recta final dos ensaios previos á estrea, que se están a desenvolver no Salón Teatro de Santiago.

O AUDITORIO MAR DE VIGO ACOLLE A FUNCIÓN COA QUE A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC FINALIZA PRIMEIRA QUENDA DE REPRESENTACIÓNS DESTA MONTAXE, QUE FOI VISTA XA POR MÁS DE 13.400 ESPECTADORES

O Centro Coreográfico Galego presenta este sábado en Vigo o ballet 'Quebranoces' coa participación de 50 alumnas de danza da cidade Documento anexo

[13/03/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria finaliza esta sábado 16 de marzo en Vigo a primeira fase de representacións do Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG), versión do famoso ballet de Tchaikovski e Petipa que será representada ás 18.00 horas no Auditorio Mar de Vigo coa participación de medio centenar de alumnas de danza da cidade con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos.

A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO TEATRO JOFRE PROMOVE A INICIATIVA

Ferrol acolle unha extensión do programa do CDG 'Vidal Bolaño recuperado' coa proxección de 'Agasallo de sombras' e 'Rosalía'

[11/03/2013] A Asociación de Amigos do Teatro Jofre organiza en Ferrol unha extensión do ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), que comprende dúas sesións comentadas por expertos arredor da proxección de fragmentos das pezas Agasallo de sombras (13 de marzo) e Rosalía (20 de marzo).

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: