Novas
A SEMANA QUE VÉN COMEZAN OS ENSAIOS BAIXO A DIRECCIÓN DE GENA BAAMONDE
[08/02/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa nova produción propia,
Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo:
Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e
Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, DESDE MAÑÁ E ATA O DOMINGO
[30/01/2019] ArtesaCía traballa esta semana na sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago, onde desde mañá día 31 ao domingo 3 de febreiro representará a comedia
Chola a it girl. Farao como unha das cinco compañías que participan esta temporada no programa de residencias artísticas da compañía pública, que pon á súa disposición as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas.
CREADO XUNTO Á COMPAÑÍA COLOMBIANA EL ARCA DE N.O.E., REPRESENTARASE NO SALÓN TEATRO DO XOVES 24 AO DOMINGO 27
[23/01/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional
Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que significa "o dobre que camiña ao lado", poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o día 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo.
PRODUCE 'NEORRETRANCA E POSMORRIÑA' E PARTÍCIPA NOUTROS CINCO ESPECTÁCULOS EN RÉXIME DE COPRODUCIÓN
[21/01/2019] O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), que foi presentada hoxe na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así, arredor deste dous eixos xira a nova produción propia da compañía da Xunta, 'Neorretranca e posmorriña', que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos 'Sinfonía en sol maior ou non', de Esther Carrodeguas, e 'Boisaca ou a divina desgraza', de Roi Vidal Ponte.
'GO ON!' o venres 18 e 'D.E.P. DESCANSE EN PAZ' o sábado 19
[16/01/2019] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega:
Go On, o venres 18 ás 20,30 h., e
D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
| 29 |
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes