AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

HABERÁ FUNCIÓNS DE XOVES A DOMINGO

A compañía Cámara Negra estrea no Salón Teatro en coprodución co CDG o espectáculo 'Clausura do amor'

Documento anexo[16/09/2020] A compañía de teatro Cámara Negra estrea mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela Clausura do amor, espectáculo realizado en coprodución co Centro Dramático Galego que poderá verse no escenario da súa sede ata o domingo día 20. Trátase dunha das pezas máis representadas do autor, director e coreógrafo francés Pascal Rambert, levada a escena con versión e dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e interpretación a cargo de Teté García e Xosé Manuel Esperante.


NONONON.LAB, TEATRO ENSALLE E SALA ÁRTIKA LEVARÁN A CABO CANDANSEU ESPECTÁCULO XUNTO CO CDG

A Xunta coproduce con tres espazos creativos de Vigo as montaxes 'Clásicas desfeitas', 'Outras miradas' e 'Cambio de foco'

[11/09/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo, como son Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.


SERÁN ESTE SÁBADO ÁS 18,00 E ÁS 20,30 H

O CDG ofrece no Auditorio de Galicia dúas funcións da súa coprodución con Paloma Lugilde 'Poeta en Nova York'

Documento anexo[10/09/2020] O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle este sábado día 12 dúas funcións de Poeta en Nova York, unha visión escénica da obra poética de Federico García Lorca, realizada pola compañía lucense Producións Paloma Lugilde xunto co Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.


ARRANCA O MÉRCORES 9 DE SETEMBRO CO GAITEIRO ANXO LORENZO

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago con oito concertos nos 'Mércores de varanda'

[07/09/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma a actividade pública do Salón Teatro co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999. O gaiteiro Anxo Lorenzo será o encargado de abrir este día 9 este cartel, que se desenvolverá todos os mércores ata finais de outubro.
DESDE MAÑÁ AO VENRES NO SALÓN TEATRO

Máis de 90 intérpretes participan nas audicións para as nosas tres novas producións

Documento anexo[23/08/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá desde mañá luns 24 ata o venres ao 28 de agosto as probas de interpretación para seleccionar as 20 actrices e actores que integrarán os elencos das súas tres próximas producións propias: O charco de Ulises, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, Terceiro acto, por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e Serva me, servabo te, por Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. Nelas participarán os 92 intérpretes que superaron unha primeira fase de valoración dos perfís artísticos de carácter profesional, á que concorreron 348 candidatos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 | 30 | 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal