Novas
A FUNCIÓN INAUGURAL SERÁ O VENRES NO AUDITORIO MUNICIPAL ÁS 20,00 HORAS
[02/03/2022] A compañía Inversa Teatro e o Centro Dramático Galego (CDG) estrean este venres ás 20,00 horas no Auditorio Municipal de Vigo a coprodución O péndulo, na que tamén participan a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e a Área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. A representación, que terá lugar ás 20,00 horas, forma parte da actividade da Rede Galega de Teatros e Auditorios impulsada pola Xunta en colaboración co Concello. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado na web www.giglon.com e na libraría Librouro, así como no despacho de billetes do auditorio no mesmo día do espectáculo desde unha hora antes do inicio
AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE VISUAL OU AUDITIVA XA PODEN BENEFICIARSE DA MEDIDA NAS SESIÓNS DE 'A PESTE'
[24/02/2022] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, vén de poñer en marcha no Salón Teatro de Santiago de Compostela un sistema pioneiro de teatro inclusivo que permite dispoñer en todas as funcións de interpretación en lingua de signos, subtítulos e audiodescrición. Trátase dunha aplicación específica que funciona co programa de son Qlab e permite ir axustando en directo estes servizos, ata o de agora só dispoñibles en sesións puntuais.
CO OBXECTIVO DE FACILITARLLE Á CIDADANÍA DE TODO O TERRITORIO O ACHEGAMENTO AO TEATRO
[15/02/2022] Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, para ver a súa produción 'A peste', que se representará no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.
REPRESENTARASE ESTE VENRES NO TEATRO COLÓN ÁS 20,00 HORAS
[26/01/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres a primeira das seis coproducións previstas para este semestre do ano coa montaxe 'Come and Go', da compañía Helena Salgueiro. A peza preséntase o venres no Teatro Colón da Coruña, ás 20,00 horas, e inclúe un encontro co público ao remate da función. A entrada é de balde mediante convite que se pode retirar a través da web www.ataquilla.com.
NACE O PROGRAMA 'IMPROVERSIÓNS', QUE TERÁ LUGAR ATA O 7 DE MARZO NO SALÓN TEATRO
[23/01/2022] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, ofrece todos os luns ás 20,00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, accións escénicas improvisadas para promocionar a súa nova produción 'A peste'. Trátase do programa 'ImproVersións', un proxecto dirixido por Antón Coucheiro co que se representará un espectáculo diferente cada semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Anteriores | 1
2
3
| 4 |
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes