Novas
O SÁBADO E O DOMINGO XUNTO CO TALLER DO SON
[05/01/2017] O ciclo ‘Gran teatro para os máis pequenos’ do Salón Teatro de Santiago rematará esta fin de semana cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de ‘Danza da choiva’, de Elegante Elegante, cun taller de son para público infantil. Concluirá así a programación especial deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante estas festas.
ÁS 20.30 HORAS NO TEATRO JOFRE
[29/12/2016] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa produción ‘Tartufo’ chegará mañá á súa fin coa función que terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Concluirá así o percorrido deste espectáculo, asinado para a compañía da Xunta de Galicia polo galardoado director valenciano Carles Alfaro, tras ter ofrecido un total de 31 representacións en 10 localidades.
DESPÍDESE A CARTELEIRA DE 2016
[28/12/2016] O dúo Pérez & Fernández representa mañá xoves 29 e o venres 30 no Salón Teatro de Santiago ‘O poder de Amabel’, un espectáculo especialmente dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, co que o escenario do Centro Dramático Galego (CDG) despedirá 2017 continuando co seu ciclo de Nadal ‘Gran teatro para os máis pequenos’.
TRÁTASE DUN PERCORRIDO MUSICAL POLA MELLOR POESÍA GALEGA
[24/12/2016] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de decembro, ás 20.30 horas, o concerto de presentación en Galicia de Gelria, o trío galego-catalán que leva o nome do navío holandés no que navegou Manuel Antonio. Será co recital ‘Cantos de poeta’, un disco que musica catorce poemas galegos de todos os tempos: de Rosalía a Chus Pato, pasando por Curros Enríquez, Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES MANTERASE ABERTO ATA O 2 DE XANEIRO
[20/12/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de poñer en marcha o proceso de selección do elenco de ‘Martes de Carnaval’, a próxima produción propia do Centro Dramático Galego que levará ás táboas, por primeira vez en lingua galega, as obras de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. Os actores e actrices interesados en optar ás 10 prazas convocadas teñen de prazo desde hoxe e ata o vindeiro 2 de xaneiro para presentar as súas solicitudes seguindo as indicacións das bases publicadas nas webs da Agadic e do CDG.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
| 55 |
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes