Novas
'XARDÍN SUSPENSO', DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, OBTIVO CATRO CANDIDATURAS
[01/03/2016] O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación acolleu hoxe a presentación dos espectáculos e profesionais finalistas aos XX Premios María Casares, que se entregarán o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 14 espectáculos acadaron algunha candidatura nos 14 apartados nos que se dividen estes galardóns.
REPRESÉNTASE NO SALÓN TEATRO ESTE VENRES 26 E O SÁBADO 27, Ás 20.30 H, E O DOMINGO 28, ÁS 18.00 H
[24/02/2016] Lucecús Teatro é o nome dunha nova compañía profesional con sede en Lugo, que esta fin de semana se presentará diante do público compostelán no Salón Teatro con ‘A órbita do lucecú’, o seu espectáculo de debut. A montaxe, para a que o grupo contou coa dirección escénica de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro), poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 26 e o sábado 27, ás 20.30 horas, e o domingo 28, ás 18.00 horas.
ARETA BOLADO, NOELIA CASTRO E AILÉN KENDELMAN INTERPRETAN AS DÚAS MONTAXES
[16/02/2016] O Salón Teatro de Santiago recibe esta semana a compañía A Panadaría coa programación dos dous espectáculos realizados ata agora polo trío escénico que integran as actrices galegas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Así, a partir de mañá mércores e ata o venres, ás 20.30 horas, porase en escena ‘Pan! Pan!’, en tanto que o sábado (20.30 h) e o domingo (18.00 h) representarase ‘Panamericana’.
A OBRA, RECOMENDADA PARA NENOS E NENAS PARTIR DE OITO ANOS DE IDADE, PODERÁ VERSE ÁS 18.30 E ÁS 21:00 HORAS
[11/02/2016] A compañía galega Matrioshka representará este sábado día 13 de febreiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu último espectáculo, ‘Manawee’, unha proposta para público familiar que fala das emocións da última etapa da infancia, e que poderá verse no espazo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en dobre función, ás 18.30 e ás 21.00 horas.
ÁS 20.30 HORAS NO SALÓN TEATRO
[27/01/2016] O Salón Teatro de Santiago recibe mañá xoves a compañía lusa A Escola da Noite, de Coimbra, para a presentación en Galicia do seu espectáculo ‘A canoa’, versión portuguesa da obra de Cándido Pazo ‘A piragua’ que o Centro Dramático Galego (CDG) estreara en 2007. O autor galego é tamén o director desta montaxe, que se representa ás 20.30 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
| 64 |
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes