AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DO 14 AO 17 DE MAIO, ÁS 18.00 E ÁS 20.30 HORAS

O Salón Teatro recibe a compañía Talía para catro sesións dobres cos seus espectáculos 'Sopa de sapo' e 'Demolición'

Documento anexo[12/05/2015] A compañía Talía Teatro desembarca esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela coas súas dúas últimas propostas para público familiar e adulto -‘Sopa de sapo’ e ‘Demolición’, respectivamente-, que se representarán na sede do Centro Dramático Galego en función dobre desde o xoves 14 ata o domingo 17.
SERÁ ÁS 20.30 HORAS DENTRO DO CICLO SONS'15 ORGANIZADO POLO CONCELLO

O Salón Teatro acolle mañá un concerto no que o músico Vaudí lles pon ritmo brasileiro ás cancións de Víctor Manuel

Documento anexo[11/05/2015] Vaudí Cavalcanti ofrece mañá no Salón Teatro de Santiago o concerto de presentación ao público compostelán do seu último traballo discográfico, ‘Un poco de ti’, no que o músico e a súa banda revisan once cancións de Víctor Manuel en clave brasileira. O recital, que dará comezo ás 20.30 horas, forma parte do ciclo Sons'15, organizado polo Concello de Santiago.
O CDG SITUOU O AUTOR GALEGO NO REPERTORIO DO PRINCIPAL TEATRO PÚBLICO PORTUGUÉS

O Teatro D. Maria II de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño 'Sax Tenor'

Documento anexo[08/05/2015] O patio de butacas do Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Sax Tenor’, primeiro título da dramaturxia galega que entra a formar parte do repertorio do principal teatro público de Portugal.
O VENRES 8 E O SÁBADO 9, ÁS 20.30 HORAS

O Salón Teatro presenta en Galicia 'NÓS', unha creación colectiva portuguesa que elimina barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte

Documento anexo[07/05/2015] O Salón Teatro de Santiago programa esta fin de semana o espectáculo portugués ‘NÓS’, unha creación colectiva da plataforma artística PELE para o Grupo de Teatro de Surdos do Porto, que aposta pola implicación social e bota man da linguaxe universal da arte da escena para eliminar barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte.
ESTRÉASE ESTE XOVES 7 DE MAIO

A colaboración entre o Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e o CDG achégalle ao público portugués a obra de Roberto Vidal Bolaño 'Saxo tenor'

Documento anexo[04/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa estrea o vindeiro xoves 7 a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo tenor’ (‘Sax tenor’ na súa versión portuguesa), primeiro título da dramaturxia galega levado ás táboas polo principal teatro público do país veciño. Esta produción, que poderá verse na capital lusa ata o día 24, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega está a representar ‘Xardín suspenso’, de Abel Neves.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 | 70 | 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal