Novas
DARÁ COMO RESULTADO DOUS ESPECTÁCULOS QUE SE PRODUICIRÁN EN 2015 E 2016 COA PARTICIPACIÓN DE ALUMNOS GALEGOS E LUSOS
[27/06/2014] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá no Salón Teatro de Santiago o ‘Proxecto Nós Territorio (Es)cénico Portugal Galicia’, que durante os dous vindeiros anos permitirá levar adiante unha ambiciosa experiencia de intercambio e ensino teatral entre os máis importantes teatros públicos e centros de formación en artes escénicas ás dúas beiras do Miño. Unha iniciativa de gran relevancia "para o avance do desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal, para cada un deles por separado e, sobre todo, para os dous en conxunto", en palabras de Vázquez Abad.
‘ROMEO E XULIETA’ E ‘MOBILE LOVERS BY BANSKY’ REALIZÁRONSE NO MARCO DE PROGRAMAS DESEÑADOS POLA UNIDADE DE ATENCIÓN EDUCATIVA EN ALTAS CAPACIDADES DA USC
[27/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis na xornada artística promovida pola Asociación de Altas Capacidades (Asac) de Galicia e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para compartir cos espectadores os traballos realizados nos diferentes programas de enriquecemento especialmente deseñados para alumnos e alumnas cun potencial elevado.
ALBA BLANCO DORREGO, ALBERTE CABARCOS, DAVIDE GONZÁLEZ LORENZO, AILÉN KENDELMAN, FRAN LAREU E LAURA VILLAVERDE
[25/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer os integrantes do elenco da nova montaxe de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, para a que o Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu un proceso de selección ao que concorreron un total de 82 persoas. Alba Blanco Dorrego, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde son os seis seleccionados polo tribunal destas audicións, celebradas durante a pasada semana no Salón Teatro de Santiago e durante as que se valorou a interpretación en directo dos candidatos como actores, músicos e cantantes.
COA ASISTENCIA DUN TOTAL DE 13 ALUMNOS PROCEDENTES DE DIFERENTES COMPAÑÍAS DA FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO
[20/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) colaboran na organización dun curso de iluminación que se desenvolverá esta fin de semana no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), coa asistencia de 13 alumnos procedentes das distintas compañías que integran a asociación.
A CORAL E A BANDA DE MÚSICA SOLFA ACTÚAN ESTE VENRES 20, ÁS 20.30 H, E O GRUPO DE TEATRO DE DOWN COMPOSTELA REPRESENTA 'AS PROBAS DE HÉRCULES' O 27 ÁS 21.00 H
[18/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entra na recta final da súa programación de xuño con dúas sesións especiais de música e de teatro promovidas respectivamente pola Asociación Cultural e Musical Solfa e a Fundación Down Compostela.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
| 80 |
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes