AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

RUI MADEIRA DIRIXE ESTE TEXTO, ESCRITO EX PROFESO POLO DRAMATURGO PORTUGUÉS ABEL NEVES, QUE SE ESCENIFICA ESTE XOVES EN SANTIAGO

A Companhia de Teatro de Braga presenta o espectáculo 'Sabe deus pintar o diabo' no Salón Teatro dentro do circuíto Troco x Troco

Documento anexo[28/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este xoves día 31, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo da Companhia de Teatro de Braga (CTB) Sabe deus pintar o diabo, co que a sede do Centro Dramático Galego (CDG) se incorpora ao circuíto de intercambio teatral entre Portugal e Galicia Troco x Troco.

O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa visita a Escola Oficial de Idiomas de Santiago da man do Centro Dramático Galego

Documento anexo[25/10/2013] O actor protagonista do espectáculo Gil Vicente na horta, João Grosso, e a produtora executiva do Teatro Nacional Dona María II de Lisboa, Carla Ruiz, protagonizaron hoxe un encontro cos alumnos e alumnas de distintos niveis de portugués da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela. Ambos os dous achegaron aos estudantes as claves da montaxe que se representa hoxe venres e mañá sábado, ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A PELÍCULA, INSPIRADA NA HISTORIA DAS MULLERES GALEGAS QUE EMIGRARON A AMÉRICA, SERÁ PROXECTADA ESTE DOMINGO 27 ÁS 18.00 H E O LUNS 28 ÁS 20.30 H

O Salón Teatro de Santiago ofrece dous pases do filme de Margarita Ledo "A cicatriz branca"

Documento anexo[25/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece no Salón Teatro de Santiago dous pases da longametraxe A cicatriz branca, escrita e dirixida por Margarita Ledo, que será proxectada este domingo 27, ás 18.00 horas, e o luns 28, ás 20.30 horas.
O TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO ACOLLE O 25 E 26 DE OUTUBRO DÚAS FUNCIÓNS DE "GIL VICENTE NA HORTA"

O Teatro Nacional Dona María de Lisboa actúa por vez primeira en Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación

Documento anexo[21/10/2013] A compañía do Teatro Nacional Dona María II (TNDM) de Lisboa visitará Galicia por vez primeira para presentar os vindeiros días 25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela o espectáculo Gil Vicente na horta, dentro do plano de colaboración aberto coa Consellería de Cultura e Educación para a relación entre os teatros públicos de Galicia e Portugal e para afondar na promoción da lusofonía desde o ámbito da escena.


A SEDE DO CDG ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA AS ÚLTIMAS DÚAS FUNCIÓNS DO ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR ‘TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL’, COPRODUCIDO CON TEATRO DO NOROESTE

O Salón Teatro ofrece unha nova carteleira de teatro, música e cine con máis de 50 xornadas de actividade ata fin de ano

Documento anexo[19/10/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana as últimas dúas funcións en Santiago do espectáculo para público familiar Touporroutou da lúa e do sol, coproducido por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño, para dar paso a continuación a unha ampla carteleira de teatro, música e audiovisual. Esta nova programación estenderase ata finais do mes de decembro con máis de 50 xornadas de actividades abertas ao público.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 | 86 | 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal