AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTÁ PRODUCIDA POR FIRMIST ANIMACIÓN CON DIRECCIÓN DE IVÁN FERNÁNDEZ E GUIÓN DE JOSÉ RAMÓN PUENTE

O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación estrea este xoves a curta galega de animación "Cousas de meigas"

[02/07/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este xoves 4 de xullo ás 21:00 horas a estrea da curta de animación Cousas de meigas, producida pola empresa galega Firmist Animación, con dirección de Iván Fernández e guión de José Ramón Puente.
PRESENTARÁ 12 TEMAS INÉDITOS E REPASARÁ OS SEUS DOUS TRABALLOS ANTERIORES ACOMPAÑADO DUNHA BANDA DE RECOÑECIDOS MÚSICOS E DE VARIOS ARTISTAS CONVIDADOS

O cantautor Xosé Constenla gravará un disco ao vivo no seu concerto deste venres no Salón Teatro

Documento anexo[26/06/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario este venres 28, ás 21.00 horas, do concerto "Xosé Constenla ao vivo", durante o que o cantautor compostelán gravará en directo o seu novo traballo discográfico. Con este recital culmina, ademais, a xira que vén desenvolvendo desde primeiros de ano xunto ao pianista Javier Constenla e durante a que actuou noutros 18 espazos de toda Galicia.
O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PECHARÁ A SÚA XIRA MAÑÁ NO THEATRO CIRCO DE BRAGA TRAS TER OFRECIDO UN TOTAL DE 38 FUNCIÓNS EN 12 ESCENARIOS

Cultura e Educación difunde a obra de Vidal Bolaño en Portugal coa representación de "Días sen gloria" e unha mesa redonda sobre o autor

Documento anexo[20/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a proxección da figura de Roberto Vidal Bolaño en Portugal a través do Centro Dramático Galego (CDG), que actúa mañá venres no Theatro Circo de Braga co espectáculo Días sen gloria, e da súa participación na mesa redonda Sonhando um teatro do aqui, que terá lugar na tarde de hoxe nesta mesma cidade.
CARLOS VILA, RUBÉN RIÓS, SUSANA CAAMAÑO E JORGE TABOADA INTERPRETAN UNHA ARREPIANTE HISTORIA INSPIRADA NO CASO REAL DO CANÍBAL DE ROTEMBURGO

O Salón Teatro preestrea mañá a curtametraxe de terror "La carne cruda", de Visual Think Films, con guión e dirección de Samuel Lema

Documento anexo[20/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa mañá venres, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela a preestrea da curtametraxe de terror La carne cruda, primeira fita producida pola empresa galega Visual Think Films. Samuel Lema é o director e guionista desta arrepiante historia, interpretada por Carlos Villa, Rubén Riós, Susana Caamaño e Jorge Taboada.
O SALÓN TEATRO E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PARTICIPAN NESTE PROGRAMA XUNTO CON OUTROS ESPAZOS E COMPAÑÍAS DE AMBOS OS PAÍSES

Cultura e Educación pon en marcha Troco x Troco como primeiro circuíto de intercambio teatral entre Galicia e Portugal, con 32 actuacións en oito espazos

Documento anexo[18/06/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe o programa Troco x Troco, o primeiro circuíto organizado de intercambio teatral con Portugal no que participan catro espazos galegos e catro portugueses nun calendario pechado de actuacións ata 2014. Oito compañías de ambos os países serán as encargadas de inaugurar esta iniciativa, no marco da que se ofrecerán un total de 32 representacións a partir de outubro en Narón, Ourense, Santiago de Compostela, Tui, Braga, Coimbra, Évora e Porto.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 | 98 | 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal