Novas
O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA EN FUNCIÓNS INAUGUROU HOXE ESTE EVENTO, QUE SE CELEBRA ATA O DOMINGO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
[30/11/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas; un evento que sinalou como unha oportunidade "de achegamento entre dous territorios curmáns, cunha historia e un patrimonio cultural común, que permitirá estreitar os xa de por si estreitos lazos entre Galicia e Portugal, e así avanzar nun diálogo á procura do benestar común". A Cidade da Cultura de Galicia acolle desde hoxe ata o vindeiro domingo este encontro, no que un centenar de profesionais das artes escénicas de Galicia e de 8 países lusófonos intercambiarán experiencias e estreitarán lazos para poñeren en marcha novos proxectos culturais.
O TEATRO ROSALÍA DE CASTRO OFRECE DÚAS FUNCIÓNS DESTA PRIMEIRA VERSIÓN GALEGA DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC, QUE TERÁN LUGAR O MARTES 4 E O MÉRCORES 5 ÁS 20.30 HORAS
[29/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase a semana que vén na Coruña para ofrecer no Teatro Rosalía de Castro dúas funcións do seu último espectáculo,
O profesional, de Dusan Kovacevic. Con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, esta primeira versión galega e en galego da obra do autor serbio escenifícase o martes 4 e o mércores 5 de decembro, ás 20.30 horas.
ESCENIFICARASE O SÁBADO DÍA 1 ÁS 20.30 H E O DOMINGO 2 ÁS 18.00 H COMO PARTE DA PROGRAMACIÓN DO III ENCONTRO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE INTERCAMBIO NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS
[29/11/2012] O Salón Teatro de Santiago, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece esta fin de semana a posta en escena do espectáculo de debut da compañía da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática),
A tempestade, de William Skakespeare. A súa representación está incluída na programación complementaria do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que o conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad inaugura mañá na Cidade da Cultura.
A NOVA PROPOSTA DO CDG PODERÁ VERSE ESTE VENRES DÍA 30, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL NOVACAIXAGALICIA
[28/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprázase esta semana a Pontevedra para ofrecer unha función de
O profesional, o seu último espectáculo. O Centro Social Novacaixagalicia acollerá o venres día 30, ás 20.30 horas, a posta en escena da que é a primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección de Manuel Guede Oliva e a colaboración da Companhia de Teatro de Braga na coprodución.
ESTA VERSIÓN DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC REPRESÉNTASE O VENRES 23 NO TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO, ONDE RECALA DESPOIS DE VISITAR COIMBRA E BRAGA
[21/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avanza na xira galega do seu espectáculo
O profesional, que este venres 23 será representado no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. A primeira versión galega da obra do serbio Dusan Kovacevic, con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, regresa así a Galicia despois das funcións ofrecidas nas localidades portuguesas de Coimbra e Braga.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
| 106 |
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
| Seguintes