AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A PRESENTACIÓN EN DIRECTO DE "SARAHYBA", CUARTO TRABALLO DISCOGRÁFICO DOS MARINENSES, SERÁ ESTE XOVES 22 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS

Cultura e Educación organiza o ciclo "ST Música Presente 2012" que comeza no Salón Teatro co folk galego de Liorna

Documento anexo[20/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o ciclo de concertos "ST Música Presente 2012" que se abre este xoves, día 22, no Salón Teatro de Santiago co folk galego do grupo Liorna. Con esta acción a Consellería, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), promove a difusión dos traballos discográficos galegos de todos os estilos. A banda de Marín presentará a partir das 21:00 horas os temas do seu novo álbum, Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais.
INTERPRETAN A MONTAXE OS ACTORES ROCÍO GONZÁLEZ E SALVADOR DEL RÍO E OS BAILARÍNS ARMANDO MARTÉN E ANA BEATRIZ PÉREZ

Teatro de Ningures escenifica no Salón Teatro a obra "0,7% Molotov", escrita e dirixida por Santiago Cortegoso

Documento anexo[14/03/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana tres funcións de 0,7% Molotov, a última produción da compañía Teatro de Ningures, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A peza, que lle valeu ao dramaturgo pontevedrés o Premio Rafael Dieste de Escrita Dramática e pola que figura como finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autor Teatral en Galego e aos María Casares como Mellor Texto Orixinal, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 16 e sábado 17 ás 20.30 horas; así como o domingo 18 ás 18.00 horas.
OS ENSAIOS DO ESPECTÁCULO DARÁN COMEZO EN XULLO CARA Á SÚA ESTREA O 7 DE SETEMBRO NA SEDE DA COMPAÑÍA PÚBLICA, ONDE PERMANECERÁ DOUS MESES EN CARTEL

O CDG inicia un novo período de actividade coa produción de "As furias" e a programación de máis de 40 funcións no Salón Teatro

Documento anexo[08/03/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 7 de setembro no Salón Teatro de Santiago a súa próxima produción, As furias, que ofrecerá catro textos do norteamericano Neil LaBute baixo a dirección escénica de Andrés Lima, recoñecido como un dos principais renovadores da actual escena española polo seu traballo xunto á compañía Animalario. No mes de xullo darán comezo os ensaios deste novo espectáculo, para o que se seleccionará un elenco de sete actores e actrices, segundo confirmou Blanca Cendán, directora da compañía dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
A PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA OPTA AOS GALARDÓNS EN SETE CATEGORÍAS: MELLORES ACTOR E ACTRIZ SECUNDARIOS, ESCENOGRAFÍA, ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN, ILUMINACIÓN, VESTIARIO E MAQUILLAXE

"A ópera dos tres reás" do Centro Dramático Galego acada oito candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2012

Documento anexo[01/03/2012] O espectáculo A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG) acadou un total de oito candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2012 que convoca e outorga cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A produción da compañía pública, que foi vista entre xuño e outubro de 2011 por 20.000 espectadores, resultou finalista en sete das trece categorías a concurso destes galardóns: mellores actor e actriz secundarios, escenografía, adaptación ou tradución, iluminación, vestiario e maquillaxe.
A OBRA DA COMPAÑÍA MADRILEÑA LA TRISTURA, CANDIDATA AOS PREMIOS MAX 2012 COMO MELLOR ESPECTÁCULO REVELACIÓN, PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O VENRES 9 DE MARZO

O Centro Dramático Galego e o ALT de Vigo traen a Galicia "Materia Prima", unha montaxe para adultos interpretada só por nenos

Documento anexo[29/02/2012] O Salón Teatro de Santiago acollerá o vindeiro 9 de marzo ás 20:30 horas unha única función de Materia Prima, montaxe da compañía madrileña La Tristura que ten a particularidade de ser interpretada por nenos de 10 anos pese a estar dirixida a un público adulto. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iniciará coa posta en escena deste espectáculo, que visita Galicia en virtude da colaboración emprendida entre o CDG e o Festival ALT de Vigo, un novo período de actividade no que exhibirá ata finais de xuño sete obras de teatro, dúas pezas de danza e seis concertos, ademais de acoller outras actividades formativas e artísticas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 | 120 | 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal