Novas
AS SÚAS ACTUACIÓNS, QUE TERÁN LUGAR MAÑÁ MARTES DÍA 15 ÁS 20.30 HORAS, ENMÁRCANSE NO PROGRAMA CULTURAL "ÁFRICA VIVE"
[14/06/2010] O programa cultural
África Vive —unha iniciativa do consorcio Casa África que achega o continente veciño a 12 cidades españolas a través dun amplo calendario de actividades— presenta no Salón Teatro de Santiago, mañá martes 15 de xuño ás 20.30 horas, dous espectáculos de danza contemporánea interpretados por Ciré Beyè (na imaxe) e Auguste Ouedraogo. Organizado para conmemorar o día de África (25 de maio), o programa África Vive celebra a súa segunda edición consecutiva e chega por primeira vez a Galicia grazas a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
O EVENTO, QUE COMBINA AS ACTIVIDADES FORMATIVAS CUN PROGRAMA DE EXHIBICIÓN ABERTO AO PÚBLICO, CONGREGARÁ 70 ARTISTAS EMERXENTES E PROFESIONAIS DAS ARTES ESCÉNICAS
[11/06/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza do 17 ao 29 de xuño o I Encontro Jeunes Talents Circo Europe que, baixo o título xenérico de Circo Europa, congregará en Santiago de Compostela un total de 70 novos artistas e profesionais do novo circo e das artes escénicas arredor dun programa que combina as actividades formativas coa exhibición de espectáculos no Salón Teatro. Deste xeito, a compañía pública convida tanto ao público xeral como á comunidade artística do novo circo galego a participar neste evento internacional.
A ÚLTIMA PROPOSTA DO PROGRAMA DE COPRODUCIÓNS DA COMPAÑÍA PÚBLICA PARA A TEMPORADA 2009-2010 OFRECE TRES FUNCIÓNS EN SANTIAGO DO VENRES 11 AO DOMINGO 13
[09/06/2010] A compañía galega Sapristi Teatro estrea este venres 11 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo
Por que o meniño se coce na polenta?, realizado en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) baixo a dirección de Roberto Leal. A actriz Nuria Sanz e o músico Ignacio Sanz interpretan esta montaxe, a partir da adaptación da novela da autora romanesa Aglaja Veteranyi que asinou Quico Cadaval, na que se mesturan xéneros que van desde o clown ata un realismo que roza o dramático, pasando pola comedia xestual, o cabaret, a revista, o musical, o vodevil e o circo cos seus pallasos, equilibrismos e acrobacias. Trala función de estrea, esta última coprodución da compañía pública para a temporada 2009-2010 ofrecerá senllos pases o sábado 12 ás 20.30 h e o domingo 13 ás 18.00.
A MONTAXE REPRESÉNTASE ÁS 20.30 HORAS FROITO DUN ACORDO DE INTERCAMBIO ARTÍSTICO ENTRE A AGADIC E O FITEI DO PORTUGAL
[02/06/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves ás 20.30 horas a posta en escena da obra
A descoberta das Américas, a cargo da agrupación brasileira Leões de Circo, como froito dun acordo de intercambio artístico asinado entre a Axencia Galega das Industrias Musicais (Agadic) e o Festival Internacional de Expressão Ibérica (FITEI) de Portugal. No marco desta mesma iniciativa de colaboración, a compañía galega Entremans presentará na noite de hoxe o seu espectáculo
Concerto Desconcerto no Palácio da Bolsa de Porto.
A OBRA DE DAVID DESOLA ABORDA TEMAS COMO A VIOLENCIA NAS AULAS OU A LOUCURA COMO EVASIÓN
[27/05/2010] A compañía madrileña K Producciones visita esta fin de semana -sábado 29 ás 20.30 horas e domingo 30 ás 18.00- o Salón Teatro de Santiago para representar
La charca inútil , espectáculo sobre o texto escrito por David Desola, un dos valores emerxentes da dramaturxia contemporánea que obtivo por esta peza o Premio Lope de Vega de Teatro. Baixo a dirección escénica de Roberto Cerdá, o trío interpretativo que compoñen Adolfo Fernández, Sonia Almarcha e Miguel Palenzuela protagoniza este drama sobre a tolemia como evasión e a violencia escolar.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
| 145 |
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes