Novas
A NOVELA DE ALEJANDRO PALOMAS FOI ADAPTADA POR ROBERTO SALGUEIRO E CONTA CON DIRECCIÓN ESCÉNICA DE ROSA ÁLVAREZ
[15/12/2009] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción,
O segredo dos Hoffman , unha adaptación de Roberto Salgueiro da novela homónima do autor catalán Alejandro Palomas. Con dirección escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez, o cuarteto interpretativo que compoñen Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 17, o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 horas; e o domingo 20 ás 18.00.
O CONCERTO DO GRUPO DE BROOKLYN, CONSIDERADO UNHA DAS PROMESAS DA ESCENA "UNDERGROUND" NORTEAMERICANA, DARÁ COMEZO ÁS 22.00 H
[09/12/2009] O Salón Teatro acolle mañá xoves día 10, ás 22.00 horas, unha nova cita coa música de vangarda da man do grupo norteamericano
Woods, co que se clausura a programación de 2009 da extensión do Festival Sinsal en Santiago. Considerada como unha das promesas do
underground estadounidense, a banda de Brooklyn visita Compostela dentro da xira na que está a presentar o seu último traballo discográfico,
Songs of Shame, onde volve facer gala dunha mestura de sons e estilos que a crítica define como folk alternativo con tinturas psicodélicas.
ACTUARÁN CINCO COMPAÑÍAS ENTRE O 26 E O 30 DE DECEMBRO
[07/12/2009] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro a Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo os grupos galegos Trompicallo e Caramuxo, o colectivo de danza catalá Àngels Margarit / Cía. Mudances, o portugués Teatro de Montemuro e a compañía A Priori Producciones, procedente de Guadalaxara.
O CERTAME TEN UNHA DOTACIÓN TOTAL DE 6.000 EUROS PARA AS CATEGORÍAS DO XURADO E DO PÚBLICO
[05/12/2009] O Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG), publicou a convocatoria da súa cuarta edición, para a que xa está aberto o prazo de presentación de orixinais. A iniciativa, que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo, ten por finalidade o fomento da escrita de textos dramáticos para a radio.
TRECE ACTORES, BAILARÍNS E CANTANTES PORÁN EN ESCENA DÚAS FUNCIÓNS DESTE ESPECTÁCULO CARGADO DE FURIA, IRA E IMPOTENCIA O SÁBADO 28, ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 29, ÁS 18.00
[26/11/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana
Dies Irae. En el Réquiem de Mozart, o último espectáculo da Compañía Marta Carrasco, onde a célebre peza do compositor austríaco se converte nunha misa de defuntos irreverente e grotesca. Trala súa estrea no Festival Temporada Alta de SALT en Xirona a finais do pasado mes de outubro, e despois de permanecer durante catro días no madrileño Teatro de La Abadía cunha excelente acollida de público, a montaxe recala no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego para ofrecer dúas funcións o sábado 28, ás 20.30 h e o domingo 29, ás 18.00 h.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
| 146 |
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes