Novas
O AUTOR, SELECCIONADO ENTRE 20 CANDIDATURAS, É DRAMATURGO, NARRADOR ORAL E PROFESOR DE TEATRO E ESCRITA DRAMÁTICA
[30/04/2021] O proxecto 'Relato para un incendio' resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta, a través do Centro Dramático Galego (CDG) e en colaboración co sector teatral. A escrita, obra do dramaturgo Ernesto Suárez Is, foi seleccionada entre un total de 20 candidaturas por unha comisión de valoración presidida polo director do CDG, Fran Núñez, que tivo en conta a fonda conexión da temática coa identidade galega e a aposta polo teatro contemporáneo e documental con base na memoria colectiva, entre outros aspectos.
NACE CDGLAB, UN ESPAZO DE ENCONTRO ENTRE A FORMACIÓN E A PROFESIÓN PARA ALUMNADO DE ARTES ESCÉNICAS
[27/04/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), situada en Vigo, únense na creación dun espazo de encontro entre a formación e a profesión, coa posta en marcha de CDGLab. O obxectivo é facilitarlles aos futuros profesionais da escena a adquisición de competencias máis aló das impartidas no ámbito académico, a prol da súa incorporación ao mercado laboral.
PAULA CARBALLEIRA, ESTHER CARRODEGUAS, MANUEL CORTÉS, XESÚS RON E CARLOS SANTIAGO ESCRIBIRÁN AS PEZAS PARA ESTA FICCIÓN SONORA
[25/04/2021] O proxecto de ficción sonora para a recuperación da memoria do barrio santiagués de Vite, 'Dramawalker', avanza coa selección dos contidos que serán utilizados na dramaturxia a cargo de Paula Carballeira, Esther Carrodeguas, Manuel Cortés, Carlos Santiago e Xesús Ron. Este equipo profesional de autores e autoras en galego elabora as cinco pezas previstas na iniciativa promovida polo Centro #Dramático Nacional en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) e o Grupo Chévere.
A OBRA ESTARÁ NO SALÓN TEATRO ATA O 16 DE MAIO, CON MÁIS DE 30 FUNCIÓNS, DE MÉRCORES A DOMINGO
[13/04/2021] O Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves a súa nova produción 'Terceiro acto', dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e que reúne un elenco de rostros moi coñecidos para o público. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.
PERMANECERÁ EN CARTELEIRA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ATA O 16 DE MAIO, CON FUNCIÓNS DE MÉRCORES A DOMINGO
[29/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Terceiro acto', cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
| 19 |
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
| Seguintes