AGADIC

Centro Dramático Galego


valdemuller_obra_grande

CDG: Valdemuller

Creación colectiva a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz

Ano: 2008

Pablo Vergne

Realizar unha adaptación para marionetas de Valdemuller non foi unha tarefa fácil. Tratábase de trasladar a unha linguaxe concisa e sintética unha obra tan rica de significados e lecturas como a novela de Neira Cruz.

Por onde comezar? As marionetas déronnos a pauta, estaban aí á espera de xogarmos con elas. E comezamos a xogar. Seleccionamos as partes de Valdemuller que máis se prestaban ao xogo monicrequeiro, inventamos algunhas escenas con personaxes do folclore galego e exploramos outros medios audiovisuais próximos ao público xuvenil.

Así foi tomando corpo este espectáculo que fala de Mina, unha moza que emprende unha viaxe cara a Valdemuller, onde vive a súa tía avoa Estrela. A viaxe para atopala converterase en toda unha aventura na cal experimentará un proceso de autocoñecemento e maduración.

Director arxentino afincado en Madrid, Pablo Vergne caracterízase por un estilo singular que combina tradición e innovación, economía de medios e máxima expresividade, exploración de materiais e reciclaxe de obxectos, na procura de novas linguaxes escénicas e da complicidade co público.

Sinopse:

Mina fai quince anos e está a preparar a celebración habitual coa súa familia, aínda que non de moi bo gusto. A sorte fai que algúns dos tópicos da festa sufran certos cambios involuntarios, como o acontecido co elegante traxe que lle tiñan preparado. Un agasallo misterioso desencadea unha investigación. Mina recibe un colgante en forma de estrela ante o cal toda a familia experimenta un certo nerviosismo. A rapaza, pouco e pouco e coa axuda da súa tía Olga, vai descubrindo os segredos que agocha o galano e as historias que oculta a súa familia. Emprende unha viaxe cara a Valdemuller, o lugar en que reside a súa tía avoa Estrela e, ao tempo que descobre o que significa ser unha "filla da lúa", experimenta un proceso de autocoñecemento e maduración que a axudarán a continuar a súa vida desde outra perspectiva.


É un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. En 1989 obtivo o Premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro (1989), o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros (1990) e Os gatos de Venecia (1993). Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller (1998), texto traducido a varias linguas, e Os ollos do Tangaleirón (2000). Entre a súa produción atopamos títulos como O armiño dorme (2005), ou A memoria das árbores (2000), que inaugura unha nova e orixinal colección onde a literatura infantil e a música van collidas da man; ademais, a recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo (2001), A caixa do tesouro (2001) e mais O xenio do sultán (1998).

O seu traballo divulgador da nosa tradición literaria entre os nenos e mozos combina a información rigorosa coa amenidade da peneira literaria e a imaxinación nas biografías dalgúns dos principais escritores da literatura galega de todos os tempos. Comezou cos volumes da serie "Así viviu": Así viviu Rosalía (Xerais 1996); Así viviu Castelao (Xerais 1996); Así viviu Paio Gómez Chariño (Xerais 1997); Así viviu Ánxel Fole (Xerais 1996). E en 1998, co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas, publica nunha edición institucional espléndida para primeiros lectores as correspondentes introducións lúdicas ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.

Licenciado en Filoloxía Italiana e en Ciencias da Información, actualmente é responsable das coleccións "Árbore" e "Costa Oeste" da Editorial Galaxia e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil "Fadamorgana".


(por orde alfabética):

Alba Grande
Montse Piñón
Raquel Queizás
Manuela Varela


Adaptación: Gena Baamonde, Alba Grande Vázquez, Montse Piñón López, Raquel Queizás, Manuela Varela Quintas e Pablo Vergne
Dirección: Pablo Vergne
Axudante de dirección: María Eugenia Romero Baamonde
Meritorio de produción: Alba Lago
Deseño de espazo escénico: María de la Iglesia
Deseño dos bonecos: Ricardo Vergne
Deseño do vestiario dos bonecos: Mari Carmen Pérez Pastor e Gador Enríquez
Deseño Multimedia: Fundación Intemperie
Deseño da iluminación: Octavio Mas
Espazo sonoro: Pablo Vergne
Realización dos bonecos: Ricardo Vergner, Gustavo Brito, Javier Gallego e Bernardo Rodríguez
Realización do vestiario dos bonecos: Mari Carmen Pérez Pastor
Maquillaxe: Dolores Centeno
Realización da escenografía: Talleres da AGADIC
Caderno pedagóxico: Ánxela Gracián
Fotografía: Tono Arias
Deseño gráfico: Signum
Revisión lingüística: Rossetta
Gabinete de comunicación: Trisquelia
Coordinación de Espazos CDG: Xocas López


Febreiro

Ourense, no Teatro Principal
Mércores 13. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 14. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 15. Función de estrea. 20:00 horas
Sábado 16. Función. 20:30 horas
Domingo 17. Función. 20:30 horas

Narón, no Auditorio Municipal
Mércores 20. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 21. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 22. Función. 20:30 horas
Sábado 23. Función. 20:00 horas

Tui, no Teatro Área Panorámica
Mércores 27. Función para institutos. 11:00 horas
Xoves 28. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 29. Función. 20:00 horas

Marzo

Pontevedra, no Pazo da Cultura
Mércores 5. Función. 21:00 horas
Xoves 6. Función para institutos. 11:00 horas

Carballo, no Pazo da Cultura
Martes 11. Función para institutos. 10:00 e 12.00 horas

Abril

O Barco de Valdeorras, no Teatro Lauro Olmo
Martes 22. Función para institutos. 12:00 horas
Mércores 23. Función para institutos. 12:00 horas

Valencia, no Teatro Escalante
Domingo 27. Función. 18:00 horas
Luns 28. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas
Martes 29. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas
Mércores 30. Función para institutos. 10.00 e 11:30 horas

Maio

Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal
Xoves 8. Función. 21:00 horas
Venres 9. Función para institutos. 11:30 horas

Ribadeo, no Auditorio Municipal
Xoves 15. Función para institutos. 11:00 horas

Vigo, no Centro Cultural Caixanova
Sábado 17. Función. 20:30 horas
Domingo 18. Función.20:30 horas

Muros, no Centro Cultural e Xuvenil
Martes 20. Función para institutos.
Mércores 21. Función para institutos.

Ferrol, no Teatro Jofre
Domingo 25. Función. 19.00 horas
Luns 26. Función para institutos. 11:00 horas
Martes 27. Función para institutos. 11:00 horas
Mércores 28. Función para institutos. 11:00 horas


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal