A caixa de proxectos
O Centro Dramático Galego pon a disposición de profesionais do sector unha caixa para a recepción de propostas escénicas, co obxectivo de coñecer proxectos de creadoras, creadores e compañías profesionais interesadas en colaborar co teatro público de Galicia.
Este espazo está dirixido a profesionais das artes escénicas que desexen compartir espectáculos xa creados, proxectos en fase de desenvolvemento ou ideas que poidan encaixar nas distintas liñas de programación, coprodución, formación, mediación ou actividades complementarias do CDG.
A caixa está dispoñible durante todo o ano. A recepción dun proxecto non implica ningún compromiso por parte do Centro Dramático Galego, mais todos os materiais recibidos serán valorados con atención polo equipo de programación, tendo en conta a súa pertinencia artística, a súa viabilidade técnica e o seu encaixe na liña estratéxica da entidade.
As propostas poden incluír textos teatrais, memorias de dirección, maquetas audiovisuais, documentación artística, esquemas de produción ou calquera outro material que axude a comprender a natureza do proxecto.
O CDG aposta por unha programación plural, contemporánea e conectada co territorio, polo que agradece especialmente as propostas que promovan a diversidade de linguaxes, o diálogo co presente, a innovación escénica e o compromiso co público galego.
Para enviar a vosa proposta:
centro.dramatico.galego [at] xunta.gal (centro[dot]dramatico[dot]galego[at]xunta[dot]gal)
Agradecemos que o envío se faga en formato PDF, con enlaces a materiais adicionais se fose preciso.