Aviso
Convocado o proceso de selección de 12 intérpretes para as dúas producións propias da temporada 2026-2027
O Centro Dramático Galego a través da Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de abrir a convocatoria dun novo proceso de selección no que se elixirán 12 intérpretes para configurar os elencos das dúas producións propias da súa temporada 2025-2026 que iniciarán ensaios no mes de outubro deste ano.
Das 12 prazas convocadas, sete corresponden a Eurídice, a partir da obra da dramaturga estadounidense Sarah Ruhl, que poderá verse en escena a partir do mes de maio. As outras cinco prazas están destinadas a conformar o elenco de Isto tamén é Sargadelos, que desenvolverá un texto da actriz e creadora escénica Ana Fontenla e que ten prevista a súa estrea en febreiro.
O prazo de solicitude para participar neste proceso do Centro Dramático Galego dará comezo mañá e permanecerá aberto ata o venres 8 de xullo. En ambos os casos, buscarase a creación coral en escena a partir dos textos propostos e valorarase a versatilidade interpretativa das persoas candidatas. Ademais, o elenco de Isto tamén é Sargadelos pon especial interese na franxa de idades de 40 a 60 anos cunha perspectiva inclusiva e aberta a outras posibilidades que poidan xurdir como resultado do proceso de casting. Os perfís deberán contar con nocións de música e canto (especialmente tradicional); movemento expresivo, danza (especialmente tradicional) ou traballo corporal e experiencia no traballo escénico contemporáneo e nas linguaxes híbridas. Tamén se valorarán coñecementos de cerámica ou familiaridade cos procesos artesanais.
Ligazóns