documento
14/07/2025 3.60MB
A guía didáctica divídese en dúas partes fundamentais: a primeira, centrada na figura de Roberto Vidal Bolaño (RVB), constitúe unha introdución dirixida ao alumnado, para que poida enfrontarse coma cómpre á figura do «home de teatro total» e, en consecuencia, para que o profesorado teña ferramentas para traballar as claves da súa obra e o seu contexto dende un multiperspectivismo que se fai necesario. Dado que o Centro Dramático Galego montou en 2010 As actas escuras, outra das pezas de RVB que cingue elementos históricos arredor da Compostela doutro tempo, e que existe unha completa proposta didáctica elaborada por Ánxela Gracián, tentouse que non houbese reiteracións coa mesma —polo menos nos aspectos secundarios— sen deixar de aludir ás cuestións fundamentais da obra de RVB.