actualidade
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, vén de poñer en marcha no Salón Teatro de Santiago de Compostela un sistema pioneiro de teatro inclusivo que permi...
actualidade
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, vén de poñer en marcha no Salón Teatro de Santiago de Compostela un sistema pioneiro de teatro inclusivo que permi...
actualidade
Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral...
actualidade
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres a primeira das seis coproducións previstas para este semestre do ano coa montaxe 'Come and Go', da compañía Helena Salgueiro...
actualidade
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, ofrece todos os luns ás 20,00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, accións escénicas improvisadas ...
O Salón Teatro de Santiago de Compostela encheuse este serán para a estrea de 'A peste', a primeira produción do ano do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción tea...
actualidade
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en Santiago de Compostela a primeira estrea da nova temporada do Centro Dramático Galego (CDG), unid...
documento
17/03/2021 16.98MB
Este recurso pedagóxico inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia (entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG) e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía. Ademais, contén actividades creativas para a rapazada e un glosario de termos teatrais
Elaborada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a publicación comeza cun percorrido por diferentes espazos teatrais de Galicia, como o Teatro da Beneficencia de Ortigueira, o Teatro Principal de Ourense, e o Teatro Principal e o Salón Teatro de Santiago de Compostela. Tamén se inclúen o Teatro Jofre de Ferrol, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Teatro Rosalía Castro e o Teatro Colón da Coruña, o Teatro Afundación (antigo García Barbón) de Vigo e o Teatro Principal de Pontevedra. Canto ao Salón Teatro, pódese ver unha ilustración do interior na que se identifican as diferentes zonas de oficinas, de camerinos ou o despacho de billetes, entre outras.
A continuación faise un repaso polos principais elementos das representacións, coas personaxes e máscaras; a luz, cunha explicación dos diferentes recursos técnicos utilizados; e a escenografía, tamén coas correspondentes técnicas. Cada unha destas partes recolle actividades creativas para realizar en papel.
documento
26/11/2020 0.64MB
O alumnado terá a oportunidade de coñecer como funciona un espazo escénico por dentro, así como de achegarse á historia do teatro profesional galego e á evolución dos oficios teatrais
O CDG abre a convocatoria para o seu programa Os segredos do Salón Teatro. Visitas en en liña ao corazón do teatro, dirixido a centros educativos de Primaria e de Secundaria de toda Galicia. Con motivo da conmemoración do centenario do Salón Teatro, edificio no que ten a súa sede, a compañía pública retoma as súas actividades escolares, adaptándoas á actual situación sanitaria para o seu desenvolvemento de xeito virtual.
Esta proposta está aberta a todos os centros interesados en participar durante o actual curso escolar. A actividade desenvolverase os mércores, cunha duración máxima estimada de 45 minutos.
As solicitudes para participar poden remitirse ao correo electrónico centro.dramatico.galego [at] xunta.gal (centro[dot]dramatico[dot]galego[at]xunta[dot]gal).
Visita virtual
A través dela, os estudantes terán a oportunidade de descubrir que se agocha tras o pano do Salón Teatro, nun percorrido virtual e guiado polo escenario, o peite, os camerinos, a xastrería, a cabina de control e demais espazos que non adoitan abrirse ao público. Buscarase, ademais, a interactividade co alumado para lles dar resposta a todas as curiosidades que poidan xurdir ao respecto do funcionamento dun teatro, a produción dun espectáculo ou os diferentes oficios nel implicados.
Ao tempo, coñecerán de primeira man a evolución experimentada polo edificio nestes 100 anos de vida e, especialmente, tras a súa rehabilitación pola Xunta de Galicia para recuperalo como espazo escénico en 1999. Con tal motivo, ofrecerase tamén unha aproximación á historia do teatro profesional galego, da que o CDG é parte fundamental, lembrando espectáculos, compañías e grandes intérpretes que se subiron ás táboas do Salón Teatro nos últimos vinte anos.
Outro dos obxectivos deste programa é poñer en valor as numerosas profesións artísticas e técnicas que forman parte do ámbito teatral (dirección, interpretación, escenografía, iluminación, son, tremoia, rexedoría, vestiario, produción etc.), incidindo na necesidade de rachar cos roles e cos estereotipos de xénero.