XXV Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán 2026

Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Ano: 2026

Todos os públicos

Funcións


Salón Teatro, Santiago de Compostela

05/09/2026
20:00

06/09/2026
20:00

Ficha artística

5 de setembro | 20:00 h. As nenas raras non van ó ceo Grupo de teatro Disfución continua Pippi, Wendy, Heidi e Mary Poppins agardan na residencia “Felices para sempre” a ser desafiuzadas polo malvado doutor Grimm. A repentina morte da súa amiga Carapuchiña Vermella fará que as nosas catro heroínas teñan que levar a cabo o plan máis absurdo e inconcibible posible para poder quedar na súa querida residencia para maiores…pero un plan levado a cabo por catro tolas  pode ser máis imprevisible do que calquera de nós pode imaxinar.

6 de setembro | 20:00 h. Rosalía, a filla do mar Pena Furada Teatro Rosalía, a filla do mar é unha proposta teatral que revisita os episodios vitais menos coñecidos de Rosalía de Castro, achegándose á autora desde unha mirada íntima, humana e familiar. A obra constrúese a partir da voz de Gala Murguía de Castro, unha das fillas da escritora e a última compoñente viva da familia, quen actúa como fío condutor do relato. A través dela descubrimos non só á Rosalía poeta e intelectual, senón tamén á nai, á muller e á persoa que viviu nun tempo complexo, marcado polas dificultades económicas, sociais e emocionais.